IGUALDADE NO ANEXO

Portada a prol

Estimadas familias:
Neste tramo final de curso imos desenvolver o Proxecto: “Toda a Comunidade a prol da igualdade” para o cal solicitamos a súa colaboración.
Trátase dunha serie de actividades deseñadas en coordinación co profesorado para Educar para a Igualdade de nenos e nenas. As profesoras traballarán en diferentes cursos temáticas relacionadas coa Coeducación.
Invitámosvos a participar a través de propostas de execución conxunta (pais, nais, nenos, nenas) consistentes en:

Educación Infantil: “O mundo e mais que rosa e azul”: Semana do 8 ao 12 de Xuño

Traballando o conto: “Los Colores” incluído no libro “Cuentos para antes de despertar” de Nunila López Salamero con ilustracións de Myriam Cameros Sierra.

Realización na casa, coa colaboración dos pais e nais dun debuxo de interpretación do conto e o día 12 os nenos e nenas virán o colexio cunha peza de cor LILA: camiseta, pantalón, gorra, pañol.

1º-2º Primaria: “E se te regalo a miña boneca e ti me das o teu balón”: Semana do 1 ao 5 de Xuño

Traballando o conto: “La mitad de Juan” de Genma Lienes e Africa Fanlos

Proporase os alumnos e alumnas un intercambio de xoguetes entre os nenos e nenas. Realización na casa , coa colaboración dos pais e nais, dun collage con debuxos e recortes de catálogos de tendas de xoguetes.

3º-4º Primaria: “Mamá-papá, papá-mamá”: Semana do 1 ao 5 de Xuño

Traballando o conto “Unha feliz catástrofe”. Adela Tunín e Nella Bosnia (versión en galego da editorial Kalandraka).

Os nenos e nenas propoñerán os seus pais e nais un intercambio de papeis: “Está semana papá fará………….. e mamá………….”. As familias que o desexen poderán sacar algunha foto para expoñer través dun mural.

Por outro lado o día 12 de Xuño ás 19,00h levarase a cabo unha charla coloquio para pais e nais no colexio co título “Que é iso da igualdade?. O noso papel como pais e nais.” onde charlaremos sobre os seguintes temas: influencia do xogo e dos xoguetes como medios de perpetuación do sexismo, dos estereotipos e roles de xénero, da desigualdade; reflexión sobre outras formas de maltrato; proceso de socialización e a nosa responsabilidade como pais e nais.

Moitas grazas pola súa atención e disfrutemos , da tarefa que nos une: a educación dos nosos fillos e fillas.


DESARROLLO DAS ACTIVIDADES

Educación Infantil: “O mundo e mais que rosa e azul”

Traballando o conto: “Los Colores” incluído no libro “Cuentos para antes de despertar” de Nunila López Salamero con ilustracións de Myriam Cameros Sierra.

Audioconto: https://www.youtube.com/watch?v=5hPi1gSVsWw

Lectura do conto adaptado a cada un dos niveis de infantil.

Realización na casa, coa colaboración dos pais e nais dun debuxo de interpretación do conto e confección dun mural.

Realización dunha foto de grupo de cada un dos grupos de Educación Infantil (3) cos nenos e nenas vestidos/as cunha peza de cor Lila

1º-2º Primaria: “E se te regalo a miña boneca e ti me das o teu balón”

Traballando o conto: “La mitad de Juan” de Genma Lienes e Africa Fanlos

http://www.cavis.es/sitio/index2.php?option=com_docman&task=doc_view&gid=239&Itemid=46

Lectura do conto adaptado a cada un dos niveis dos grupos.

Realización na casa , coa colaboración dos pais e nais, dun collage con debuxos e recortes de catálogos de tendas de xoguetes.

Intercambio de xoguetes entre os nenos e nenas.

Realización dun mural recollendo impresións da experiencia de intercambio de xoguetes e reportaxe fotográfico do momento.

3º-4º Primaria: “Mamá-papá, papá-mamá”

Traballando o conto “Unha feliz catástrofe”. Adela Tunín e Nella Bosnia (versión en galego da editorial Kalandraka).

Audioconto: https://www.youtube.com/watch?v=GJzR69l-73I

Lectura do conto adaptado a cada un dos niveis dos grupos.

Debate sobre as situacións expostas no conto (desigualdade na distribución de tarefas e responsabilidades, corresponsabilidade)

Traballo creativo de reinterpretación do conto estudando outras opcións argumentais propias dunha educación en igualdade.

Neste apartado os nenos e nenas propoñerán os seus pais e nais un intercambio de papeis: “Está semana papá fará………….. e mamá………….”. As familias que o desexen poderán sacar algunha foto para expoñer través dun mural.

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s