«VISIBILIZAR»: Facer visible o que non se pode ver a primeira vista.
A ANPA do Anexo en colaboración co profesorado programou una actividade para conmemorar o 8 de marzo, día internacional da muller, co obxectivo de apostar novamente por traballar a igualdade facendo visible o papel da muller na nosa sociedade.
Coa axuda das familias do centro montouse unha exposición de fotos de mulleres coñecidas para os nenos e nenas do Anexo. As protagonistas desas fotos foron, voluntariamente mamás, avoas ou tías do propio alumnado. A idea mantívose en segredo para os mozos e mozas durante todo o proceso de elaboración e montaxe.
Na semana do 29 de febreiro ó 4 de marzo o alumnado do Anexo acudíu a vela exposición instalada na antesala do antigo salón de plenos do Concello de Vilagarcía coa única información previa de que ían visitar as dependencias do Concello e ver unha exposición de «mulleres célebres e importantes para a sociedade».
A sorpresa dos rapaces e rapazas foi maiúscula ó contemplar que esas mulleres eran as nais, tías, avoas e profesoras que ven todos os días e que cumpren unha función tan importante como as mulleres célebres que saen nos libros e que todos os 8 de marzo lembramos.
Paralelamente a esta actividade, na conta de facebook da Anpa, foise informando do calendario de visitas e citando a mulleres célebres pola súa aportación cultural á nosa sociedade:
luns, 29 de febreiro de 2016
Frida Kahlo: «Pies, ¿para qué los quiero si tengo alas para volar?»
martes, 1 de marzo de 2016
Maria Montessori: «Sembrad en los niños ideas buenas, aunque no las entiendan; los años se encargarán de descifrarlas en su entendimiento y de hacerlas florecer en su corazón»
mércores, 2 de marzo de 2016
Clara Campoamor: » La libertad se aprende ejerciéndola».
xoves, 3 de marzo de 2016
Malala Yousafzai: «Existen pocas armas en el mundo que sean tan poderosas como una niña con un libro en la mano»
venres, 4 de marzo de 2016
Virginia Woolf: «Puedes cerrar todas las bibliotecas si quieres, pero no hay barrera, cerradura, ni cerrojo que puedas imponer a la libertad de mi mente»
_____________________________________________________________
Dende a Xunta directiva da ANPA queremos agradecer ó profesorado por implicarse tanto neste proxecto, ó Concello por abrir as súas portas e contribuír a que iniciativas modestas sexan na realidade grandes experiencias e sobre todo ás mamás, avoas e tías que contribuiron a que este 8 de marzo sexa especial para os nenos e nenas do Anexo.
Todos/as pola igualdade.