XOGOTECA VERÁN 2015.

Co comezo do novo curso tocou dicir ¡ata logo! (que non ¡adeus!) á Xogoteca do Anexo.

Foron arredor de 50 días nos que pasando polo Anexo nenos e nenas de varios colexios da vila e onde tiveron ocasión de facer novas amizades, intercambiar experiencias, relacionarse cos maiores, relacionarse cos pequenos, compartir merendas,… e todo iso sen deixar de aprender e de divertirse.

IMG-20150730-WA0016

IMG-20150730-WA0002 IMG-20150730-WA0017

A deste verán foi unha xogoteca temática, organizada por quendas na que houbo tempo e oportunidade para ir, probar, tomarse unhas vacacións e incluso repetir.

Con H de Historía levounos a percorrer o mundo e a historia; tanto foron quen de decorar castelos medievais como de construír tipis, as típicas cabanas dos indios americanos.

IMG-20150730-WA0005 IMG-20150730-WA0000

A través de English Live coñeceron curiosidades da cultura anglosaxona: comidas típicas, lugares, monumentos e practicaron inglés a través de contos interactivos, teatriños, fichas e xogos de palabras.

IMG_3371 IMG-20150730-WA0054

Grazas a 1,2,3…Acción! mergulláronse no mundo do cine e do teatro. Elaboraron claquetas e atrezzo, ensaiaron coreografías e fixeron mímica.

IMG_3367

IMG_3375 IMG_3376 (1)

IMG_3378 IMG_3383

Paráronse un intre a Pensar en verde e concienciáronse do importante que é respectar e coidar o planeta no que vivimos: aprenderon a reciclar, coñeceron o porqué de fenómenos naturais como as eclipses solares e os ciclos de vida das xoaniñas e das bolboretas, viron xermolar e medrar ás sementes, ….

IMG_3315

IMG_3318 IMG_3327

IMG_3323 IMG_3325

IMG_3372 IMG_3377 IMG_3369

Tampouco faltaron os xogos tradicionais e outros fabricados por eles mesmos.

IMG-20150730-WA0041 IMG-20150730-WA0042

IMG-20150730-WA0045 IMG-20150730-WA0049

IMG-20150730-WA0038 IMG_3319

IMG_3314 IMG_3322

E como despedida, …¡qué mellor que unha festa de disfraces! Houbo indios, indias e hippies, merendola, música, baile, … e ata agasallos de despedida.

IMG_3321 IMG_3320

IMG_3310  IMG_3330

Dende a ANPA queremos agradecer ás familias dos nenos e nenas asistentes á xogoteca a confianza depositada en nós á hora de escoller a Xogoteca de Verán do Anexo como medio de conciliación e agardamos que fora unha experiencia positiva para todos e que se acadaran as expectativas postas no servizo.

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s